160. SEMANA DAS CIENCIAS (Novembro 2015)

Decoración da entrada da escola
Nestas datas chega a celebración da semana máis científica do ano. Todos os escolares levan a cabo actividades relacionadas coa ciencia dunha maneira lúdica, dende infantil ata secundaria.
Decorar o colexio con motivos referentes ao Ano Internacional da Luz, que se celebra no 2015, experimentos e prácticas no laboratorio, xogos co Tangram, xogos no ordenador (os máis pequenos non eran capaces de utilizar o rato.....agora todos usan tablets), sopas de letras, obradoiro de perfumes, incluso o estudo dunha reacción química moi divertida e saborosa: facer flocos de millo.
Contarémosvos todo o acontecido nesta semana no blog das ciencias máis adiante, mentras tanto para facer boca aquí tendes unha mostra:







No hay comentarios: