170. COMO FUNCIONA A TELE E A RADIO? (Febreiro 2016)


Os alumnos de 6ºde Primaria tivemos unha saída a Localia e a Cadea Ser o día 4 de febreiro.
Foi moi divertido”poñernos nas ondas”...
Poidemos vivir a experiencia de entrar nun estudo de Radio e traballar nel... Cantos botóns de todas cores (vermello, negro,branco...)!
Entre todos fixemos un anuncio do noso cole que logo gravamos. Agora entrendemos como se traballa na radio, xa sabemos porque as paredes están forradas e os micros teñen unhas esponxas de protección por riba (os quitaventos). Tamén sabemos que non se pode falar en calquera momento e como funcionan os anuncios e que se escoita nas diferentes cadeas.
Logo pasamos a tv, Localia, e alí había tamén moitos botóns, cámaras, mandos... O que máis nos impresionou foi como se traballa co croma. Todo verde! Ese verde fai posible poñer todo tipo de imaxes ainda que non estean alí, pero parece que si están. Así podes ter un león no plató ou si fai falla un castelo.
Aquí fixemos de presentadores de tv e estivemos informando das noticias (lémolas aínda que parecía que as sabíamos de memoria).
Que ben o pasamos!

No hay comentarios: