204. CELEBRACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (Novembro 2016)

Nesta foto podemos ver a uns 2000 estudantes da cidade de Vigo enlazados contra a violencia de xénero. Hoxe 25 de novembro os estudantes de ESO da nosa escola participaron nesta reivindación social posta en marcha no programa ENLAZA VIGO do Concello, para demostrar o noso reixeitamento á violencia de xénero.
En plena rúa Urzaiz, preto da Farola, realizamos unha serie de actividades: mosaico xigante que vedes na foto anterior, lectura dun manifesto co lema: "Desmontando os mitos do amor romántico", exposición de carteis confecionados por todos os colexios participantes e outra serie de actividades máis lúdicas como baile, batukada, números circenses e grafittis.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe a continuación tu comentario.