218. ENTREVISTAMOS A ALBERTO NUÑEZ FEIJÓO (Marzo 2017)

Jesús, Iria, Aldara e Diego xunto ao Presidente
O pasado martes 14 de marzo un grupo de alumnos de 4º e 6º de primaria  da nosa escola pasaron un rato agradable entrevistando ao Presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo con preguntas formuladas por nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.

Outra entrevista interesante para lela na próxima edición do noso xornal, publicado no proxecto do Faro da Escola promovido por Faro de Vigo, no que están a participar os nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Agradecer dende aquí a colaboración da nai dun alumno de 4º de primaria quen foi quen de conseguir que nos recibise e  por suposto ao Presidente por acceder a atender aos nosos pequenos.





No hay comentarios: