260. FESTIVAL DO DÍA DA FAMILIA


 O pasado mércores pola tarde tivemos o festival do Día da Famila no que as nenas e nenos de infantil e primaria nos agasallaron a todos con actuacións musicais e bailes que estiveron preparando durante o curso.
Pero a tarde non rematou aí, despois das actuacións, unha gran festa organizada pola Anpa do colexio, xogos con animador, inchables e festa da espuma.
Poidemos gozar coa exposición sobre a evolución de distintos obxectos, dende máquinas de escribir ata o ordenador, tocadiscos, radiocasettes, máquinas de fotos, tomavistas, consolas de videoxogos pasando por plancas de ferro e outros útiles que aínda usamos na súas versións modernas.
Unha mostra moi interesante, aínda que o que máis divertido da mostra foi o xogo no que había que relacionar fotos dos mestres de nenos con fotos actuais.

Tamén poidemos ver a exposición dos alumnos de pintura, se non tivestes oportunidade de ver os cadros, deixámosvos unha mostra da súa arte.

No hay comentarios: